En principio faríalle caso a alexenko (incrible que diga esto), os dous primeiros xogadores son ideais pra convertilos en bases ou incluso escoltas. No adestramento deste tipo de xogador mellor que che aconselle el, que é o que adestra.
O último. e un bo pivot adestrable, que cun nivel de penetración máis alto, incluso faría un bo ala-pivot. Se o vendes, podes alcanzar un moi bo prezo, por idade, por potencial e sobre todo, por que das habilidades principais necesarias, tenas en niveis adecuados pra adestrar.
Eu son dos que pensa que os pivots e ala-pivots son os xogadores máis fáciles de adestrar, básicamente so hai que ir rotando 3 adestramentos, e podes chegar a adestrar 5 xogadores a semana sen moita compricación.
Outro consello é que de boas a primeiras che dan moitos xogadores. Pra min o ideal e ter 12, un quinteto titular, outro suplente, un xogador exterior extra e un xogador interior extra.
Se tes que despedir xogadores, o criterio máis habitual e coller o dos salarios máis baixos. Un xogador que cobra menos de 3000, por regra xeral, e un manta.