BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > non sei que adestrar

non sei que adestrar

Set priority
Show messages by
This Post:
00
47077.2 in reply to 47077.1
Date: 8/25/2008 3:20:27 PM
Overall Posts Rated:
892892
Sabes que es unha porca con sorte non???

Cacho bichos para comezar. O meu consello, adestra aos dous primeiros, e vende o terceiro.

A xente anda como tola polos potenciáis altos, e ese MVP pódeche dar moita pasta, eu diría que máis de 600.000 $, pero tampouco sei moi ben como está o mercado. Os outros dous tamén valen un montón de pasta.

En canto a que adestrar, non sei que dicirte. O primeiro é un base bastante bo, ben lle viría subir un par de nivéis en manexo, defensa exterior e pases, e terías un base moi completiño.

O segunda ten máis pinta de escolta tirador, pero con pouco manexo.

Se tivese que dicir algo, eu daríalle defensa exterior (presión) aos dous primeiros, e o último venderíao, e ca pasta mercaría dous ou tres pivotes de garantías para afrontar a primeira tempada. Non compensa tener un MVP de 18 anos para non adestralo, porque están moi sobrevalorados.

Saúdos!

This Post:
00
47077.3 in reply to 47077.2
Date: 8/25/2008 3:25:59 PM
Overall Posts Rated:
892892
Acabo de lle botar unha ollada rápida ao mercado de pivotes de 18 anos e apenas hai MVP. Xa te digo que podes sacar unha boa pasta, coido que mínimo 500.000 $, e de aí para arriba dependendo de se tes sorte ou non.

This Post:
00
47077.4 in reply to 47077.2
Date: 8/25/2008 3:32:23 PM
Overall Posts Rated:
22
En principio faríalle caso a alexenko (incrible que diga esto), os dous primeiros xogadores son ideais pra convertilos en bases ou incluso escoltas. No adestramento deste tipo de xogador mellor que che aconselle el, que é o que adestra.

O último. e un bo pivot adestrable, que cun nivel de penetración máis alto, incluso faría un bo ala-pivot. Se o vendes, podes alcanzar un moi bo prezo, por idade, por potencial e sobre todo, por que das habilidades principais necesarias, tenas en niveis adecuados pra adestrar.

Eu son dos que pensa que os pivots e ala-pivots son os xogadores máis fáciles de adestrar, básicamente so hai que ir rotando 3 adestramentos, e podes chegar a adestrar 5 xogadores a semana sen moita compricación.

Outro consello é que de boas a primeiras che dan moitos xogadores. Pra min o ideal e ter 12, un quinteto titular, outro suplente, un xogador exterior extra e un xogador interior extra.

Se tes que despedir xogadores, o criterio máis habitual e coller o dos salarios máis baixos. Un xogador que cobra menos de 3000, por regra xeral, e un manta.

This Post:
00
47077.5 in reply to 47077.2
Date: 8/25/2008 3:34:31 PM
Overall Posts Rated:
00
home, xa dicía que parecía que tiñan boa pinta...

e aquí non se pode facer un equipo de canteiráns? inda que sexa para ir aguantando... sen pretensións de ascender moito, como aló

puxera defensa interior, pero polo que dis vou cambiar a adestrar manexo estas semaniñas... ou ves mellor outra cousa?

This Post:
00
47077.6 in reply to 47077.4
Date: 8/25/2008 3:36:51 PM
Overall Posts Rated:
00
Outro consello é que de boas a primeiras che dan moitos xogadores. Pra min o ideal e ter 12, un quinteto titular, outro suplente, un xogador exterior extra e un xogador interior extra.

Se tes que despedir xogadores, o criterio máis habitual e coller o dos salarios máis baixos. Un xogador que cobra menos de 3000, por regra xeral, e un manta.
esta gústame, a ver se dou atopado agora como despedir aos xogadores xDDD

algunha habilidade mínima para saber se son mantas ou non? como un pasable no outro lado...

ed:
por certo, que non debes andar moi perdido cos prezos:

Valor de Transferencia Estimado: Fai pouco houbo 8 traspasos de pivotes con 18 anos con defensa interior no nivel de pasable e cun potencial de MVP. Entre estos xogadores, aqueles que teñen as habilidades semellantes a Miguel Santillán vendéronse dende $ 600 000 ata os $ 700 000.

Last edited by outeiro at 8/25/2008 3:39:08 PM

This Post:
00
47077.7 in reply to 47077.6
Date: 8/25/2008 3:48:37 PM
Overall Posts Rated:
22
Pois, depende da clase de xogadores que teñas. Guíandome polos soldos, tes aparte dos mencionados, un base de 30 anos, un escolta, un pivot e un ala-pivot decentillos (o das posicións que aparecen os xogadores, non teñen por que ser as optimas).

En canto ao mínimo, se un xogador non ten alomenos "Frouxo" en duas habilidadades, non vale a pena, pagarlle o soldo.

Pra despedir un xogador, pulsas sobre o nome e aparecerache o botón "Despide a este xogador". Despois teras que confirmar o despido.

Se tes dúbida sobre despedir un xogador ou non, pois postea por aquí, ou incluso, no foro BB Global (Español) (si, neste xogo hai mil foros distintos).

Vou cear, calqueira cousa contestoa máis tarde. Abur



This Post:
00
47077.8 in reply to 47077.6
Date: 8/25/2008 3:48:42 PM
Overall Posts Rated:
892892
Ese pivote se non o adestras é un luxo telo no equipo. Por outra banda, probablemente vaia algo máis caro porque ten moita secundaria. Resistencia, tiro libre, pases e penetración, a verdade e que é moi moi bo.

Eu coido que o primeiro que tes que decidir é o que queres adestrar, interiores ou exteriores, e aproveitar para vender o que non vaias a adestrar. Tanto polo pivote como polos outros dous recibirás bastantes cartos que te virán moi ben para comezar co equipo, e para mercar xogadores mellores a menor prezo (aquí tamén se paga a idade e o potencial, e os tres están moi ben nese aspecto).

Se vas cos exteriores, eu comezaría por presión, e os subiría ata excelente máis ou menos, que serían sobre catro semanas. Despóis xa se podería mirar outra cousa.

This Post:
00
47077.9 in reply to 47077.8
Date: 8/25/2008 4:07:35 PM
Overall Posts Rated:
00
pois poño o de presión entón un tempo mentres vexo como vai a cousa e o de vender... agardarei un pouco.

@ dunkler: non teño ningún con menos de frouxo en dúas habilidades! xDD

buscarei os bases máis vellos e peores, que son dos que hai máis... e deixareino así un tempo parado

moitas grazas aos dous!!

This Post:
00
47077.10 in reply to 47077.9
Date: 8/25/2008 4:45:40 PM
Overall Posts Rated:
892892
De nada home, a mandar.

En canto ao de non vender, só dicirche que probablemente estés perdendo cartos, canto máis agardes máis perderás, algo que supoño que xa pensarías.

Se vas a adestrar presión aos bases, farache falta outro. Mira se tes algún xogador no teu equipo aproveitábel, e o poder por a xogar de base, para que apañe tamén algo de defensa exterior.

E os xogadores teñen como 4 principáis e secundarias (practicamente todas). Aquí o que premia son os multiskill.

This Post:
00
47077.11 in reply to 47077.10
Date: 8/25/2008 4:54:05 PM
Overall Posts Rated:
00
atopei o fío dos requisitos da sub-21, supoño que será unha boa guía do que precisan os xogadores segundo as súas posicións...

a historia é tamén saber que faría cos cartos, porque para aforralos... :P pásase tan mal ao principio como para ter que vender? iso será o que me faga decidir, seguramente. de poder tirar soamente cos canteiráns, faríao

algún debe haber algún que valla, pero xa que o atope o adestrador, que por hoxe xa descubrín moito

o dito, moitas grazas!!

This Post:
00
47077.12 in reply to 47077.11
Date: 8/25/2008 5:03:23 PM
Overall Posts Rated:
892892
Non entendín moi ben o que quixeches dicir ao final.

Outra cousa, en canto poidas colle un adestrador bo. Esta semana hai un de nivel 9, coido que está ben, inda que non sei como vai a economía en V.

E si, a economía aquí e máis difícil de levar que en HT. Os 50.000 que tes en ingresos temporáis só duraran un mes, despóis terás que vivir co que hai.

Advertisement